DENOMINACIÓN: Rúa Adelaida Muro
NORMA ZONAL: Nº
7.G4.01
AREA DE REPARTO: AR-G4.01
Plano nº G4,H4
SUPERFICIE TOTAL:
9090 m2
APROVEITAMENTOS LUCRATIVOS MÁXIMOS PROPOSTOS: 25020
m2
CESIÓN PARA REDE VIARIA: 750 m2
PLANEAMENTO: Estudio de
detalle
INICIATIVA DO PLANEAMENTO: Privada
OBXETIVOS:
Traslado da
residencia de anciáns á súa nova ubicación, transformando o uso da área a
residencial.
OBSERVACIÓNS:
O ámbito ordearase coa Norma Zonal 3,
edificación aberta e cunha edificabilidade de 3 m2/m2.
A limitación para o
uso residencial, será o establecido no artigo 11.1.b da Lei do solo de
Galicia.
Á vista destes datos, 90 vivendas sería o máximo
que permitiría construir o artigo 11.1.b da lei do solo, pero con toda
probabilidade este límite vai ser eludido coa reclasificación do solar como solo
urbano consolidado, de xeito que o número de vivendas construidas rondaría as
200.
Contando co valor de mercado que ten o m2 de vivenda nesta zona da
cidade, a operación reportaría unhas ganancias suficientes prá construcción de 5
asilos novos.
So se vai construir un, o de Eirís, o resto das ganancias desta
operación irán a parar ós petos da empresa Inmobiliaria e das Hermanitas dos
Anciáns Desamparados.
Expulsaránse ós vellos dunha localización privilexiada
no centro da cidade, destruiráse o patrimonio de todos, co único fin de encher
os petos de algúns.
Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental.