POBOACIÓN DE ANCIÁNS NA CORUÑA.

Os seguintes datos están extraídos do artigo de Marta Otero
publicado na edición coruñesa de "La Voz de Galicia",
o xoves 9 de setembro de 1999:

O asilo de Adelaida Muro, xestionado polas Hermanas de los ancianos desamparados é, xunto coa residencia privada Los Magnolios, o centro de máis capacidade na Coruña, contando con 200 prazas. A lista de espera é de case 100 persoas.
O novo edificio que se está a construir en Eirís non incrementará o número de prazas.

POBOACIÓN DE ANCIÁNS EN CORUÑA.

Hai 43.334 persoas maiores de 65 anos na Coruña, e un total de 706 prazas en residencias prá terceira idade distribuídas en 8 centros. Resultando un ratio de 1 praza para cada 62 xubilados.
Segundo os expertos serían precisas 3,5 prazas por cada 100 xubilados. Isto é, necesítanse 1.500 prazas xa, pero o crecemento vertixinoso da poboación maior de 65 anos faría aconsellable achegarse pronto ás 2.000 prazas dispoñibles, atendendo ós baremos establecidos pola Organización Mundial da Saúde e o Plano Xerontolóxico Nacional.
O prezo dos centros varía entre o 75% da pensión do residente, e as 12.000 pesetas/dia no suposto máis caro do centro privado.
Se facemos caso dos baremos, as 200 prazas de capacidade do asilo de Adelaida Muro serían suficientes para atender a unha poboación de 5.700 anciáns.

Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental.


principal presentación infravivenda asilo feáns prensa enlaces contacto