POBOACIÓN DE ANCIÁNS EN MONTE ALTO.

Os seguintes datos están extraídos do Censo do Concello da Coruña, actualizado ó día 13 de setembro de 1999:

No barrio de Atochas-Monte Alto hai 31.663 habitantes.
A poboación maior de 65 anos é de 6.210 persoas.

Cabe esperar que nos vindeiros 5 anos se acade a cifra de 7.000 habitantes maiores de 65 anos.
Guiándonos polos baremos da Organización Mundial da Saúde, que sinalan a necesidade de 3,5 prazas por cada 100 persoas de máis de 65 anos, hoxe necesitaríanse como mínimo 215 prazas para atender a poboación do barrio, incrementándose esta cifra ata as 250 prazas que serán necesarias no ano 2005.
O asilo de anciáns de Adelaida Muro, debido á súa posición xeográfica a medio camiño entre a Torre de Hércules e a Praza de Pontevedra, podería atender a unha poboación moitísimo máis extensa e numerosa que a correspondente ao barrio de Monte Alto.

Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental.


principal presentación infravivenda asilo feáns prensa enlaces contacto